A cantante actuará no Auditorio Municipal de Ourense o sábado, 5 de marzo.

Un remate de Entroido «A solas con Marta»

Despois dun entroido ourensán «histórico», o colofón final o porá o concerto que a cantante Marta Sánchez ofrecera no Auditorio Municipal de Ourense este sábado, 5 de marzo, a partir das 20 horas.

As entradas (desde 10 euros) pódense adquirir pinchando neste enlace.

Xira
O concerto forma parte da xira “A solas con Marta”, que a cantante está a desenvolver na actualidade, cunha banda reducida e formato acústico con coros e piano. Na súa actuación en Ourense repasará moitos dos grandes éxitos da súa traxectoria.

Chamada por moitos “A Raíña do pop español”, Marta Sánchez suma xa 35 anos de traxectoria profesional na música desde que entrase a formar parte da banda Olé Olé como vocalista. Desde entón é unha das grandes figuras do pop español, e as súas cancións marcaron a varias xeracións.
O seu 35º aniversario é o momento perfecto para repasar algúns dos logros máis destacados da súa extensa carreira.

Ourense poderá desfrutar desta artisca cunha extensa, dilatada e máis que contrastada carreira.

SOURCE: Marta Sánchez en concerto