Proxectaranse o luns 7 e mércores, 9 de marzo.

Regresa a programación ao Cineclub Padre Feijoo e fai con dúas propostas que se proxectarán o luns 7 e mércores, 9 de marzo na Casa da Cultura de Ourense (antiga biblioteca pública -rúa Concello 11).

«Beiras, vivir dúas veces»
O lúns, 7 de marzo. 20.30 horas
Entrada: 2 euros (socios), 2,5 euros (público xeral).

Político, economista, profesor universitario, activista, músico, tradutor, viaxeiro, fotógrafo, ensaísta, conversador… Xosé Manuel Beiras é un e moitos. Beiras mantén íntegra a súa paixón por comprender o mundo, por compartir a súa visión, por contrastala, por pensar o futuro, o presente, o pasado. Por iso, «Beiras. Vivir2Veces» non é un filme sobre Beiras, senón un filme CON Beiras, no que atópase con algunhas das persoas coas que mellor falar das cuestións que máis o incumben, desde a arte ao territorio, desde a política á casa.

«Liberdade!
Mércores, 9 de marzo. 18 e 21 horas.
Entrada: 4 euros (socios), 5 euros (público xeral).

A familia Vidal pasa na súa casa de verán as últimas vacacións da avoa Ángela, que sofre Alzheimer avanzado. Por vez primeira na súa vida, Nora, de 14 anos, sente que non atopa o seu lugar: os xogos de nenos parécenlle ridículos e as conversas dos adultos aínda lle van grandes. Mais todo muda coa chegada de Libertad, de 15 anos e filla de Rosana, a muller colombiana que coida a Ángela. Rebelde e magnética, Libertad convértese na porta de entrada a un verán distinto para Nora e as dúas mozas axiña forxan unha amizade intensa e desigual. Xuntas saen da burbulla de protección e confort que supón a casa familiar, descubrindo un mundo novo no que Nora se sente máis libre que nunca.

SOURCE: Cineclube Padre Feijoo