Esta pasada fin de seman, despois do aprazamento por mor da pandemia, tivo lugar un acto de homenaxe póstuma aos veciños que durante anos coidaron do manancial onde estivo a antiga Casa de Baños do desaparecido Concello de Canedo.
Unha iniciativa veciñal froito da colaboracion das Asociacións Anden Primeiro, Via Vella de Ponte Canedo, Santa Ana de O Pino e As Termas para recoñecer a labor desinteresada de aqueles veciños que durante anos coidaron e limparon este espazo ante a deixadez das Administracións.
No espazo colocouse unha placa costeada coas aportacions de veciños e veciños como recordo postumo a Elio Sanchez e Angel Dieguez, quenes coidaron do entorno de maneira altruista.
O manancial situado o carón do solar da antiga estación de autobuses, na ultima década estivo no obxectivo das Asociacións de Veciños da zona como un espazo para dignificar, pero a confluencia de varias Administracións dificultaron que as melloras pedidas foran unha realidade.
SOURCE: Homenaxe