Na terraza do Centro Comercial Ponte Vella, e cas pontes sobre o río Miño coma fondo, tivo lugar no día de hoxe a presentación V edición da 15 K NOCTURNA OURENSE – BANCO MEDIOLANUM, que se vai celebrar o vindeiro sábado na cidade das burgas.
A proba colabora cos afectados pola invasión a Ucrania e ca Fundación Juan Soñador.
As inscripcións, limitadas a 500 participantes, continúan abertas ata o mércores 16 as 23:59 horas en www.bancomediolanum15kseries.com
Abríu o acto o director deportivo da carreira, Serafín Martínez, quen puxo en valor o esceario “ Ourense, é un sitio espectacular, é máis pola noite”.
Destacou amais esta nova normalidade que permitirá “por fin unha saída con tódolos atletas a vez”. Lembraba que a pesar de estar xa nos 400 participantes, “ as inscripcións continúan abertas ata a medianoite do mércores”.
Na súa intervención, Marcos Vila, Director do Centro Comercial Ponte Vella, agradeceu a empresa organizadora “seguir contando un ano máis co centro”. Sinalaba tamén a data importante de coincidir co día do pai, no que “haberá distintos eventos para participantes e acompañantes”.
Mario Guede, Concelleiro de deportes Ourensá, suliñaba que a 1 K é “o inicio das 15 probas con máis 20.000 deportistas que se van a celebrar na cidade neste ano”. Destacaba así mesmo,” a importancia da chegada do AVE para seguir albergando eventos”.
A 15K Ourense nocturna, ten varios actos solidarios paralelos. Un deles é a colaboración cun euro de donativo para a Fundación Juan Soñador, cuia directora local Nuria, logo de falar da labor da súa institución, daba “ as máis profundas grazas a organización, por implicarse activamente ca fundación».
Pechaba o turno de intervencións Ángeles Franco, Family Banker do Banco Mediolanum, destacando os valores do proxecto “ Mediolanum Aproxima”: “ “Esforzo, por parte da organización, Determinación, recoñecemento os atletas participantes, Planificación, xa que grazas a suma de todos pode seguir celebrándose eventos”
Lembrar que a proba, organizada pola empresa Noko360, vaise celebrar na tarde-noite do sábado 19 de Marzo, sendo a primeira das 3 carreiras do circuíto 15K BANCO MEDIOLANUM que se disputan en distintos concellos galegos.
SOURCE: 15K nocturna Ourense