Na portada traemos a mostra de solidariedade dos ourensáns co pobo ucraíno; Ourense volcouse cosa axuda humanitaria hacia un pobo que está a sufrir a invasión de Rusia.
Ademais, a Xornadas de Novela Histórica de Verín terán lugar os días 25 e 26 de marzo. Xinzo prioriza aos peóns co se Plan de Mobilidade. E o Correndo por Ourense regresa dous anos despois e o fai con seis carreiras.
Ourense, remata a segunda fase da reforma da ponte Romana e as obras de ampliación do CHUO comezan este mes. Medio cento de profesionais reforzan Policía Local e Bombeiros. As pozas de Outariz xa abriron ao público. E o concello da un novo paso para a construción de ramplas na rúa Concordia.
En Xinzo, aproban prorrogar o contrato da luz que aforrará 7.000 euros ao mes das arcas municipais. Concello e Centro de Saúde alíanse para combater a diabetes, a obesidade ou o acoso escolar con campañas informativas e talleres. Inversión para a mellora dos regadíos da Limia; servirá para mellorar o aproveitamento para o regadío de 42 captacións de auga subterránea.
Verín renovará camas do seu hospital comarcal. Caravanistas fixeron un percorrido enolóxico e pararon na capital do Támega. O Concello organiza un curso de socorrismo.
En Allariz, recuperase o forno da Enfesta con fondos municipais. O pleno de Allariz de marzo aprobou que o concello entrara na rede de cidades pola agroecoloxía. Deputación e Concello de Allariz firman un convenio para colaborar na dotación de servizos e infraestruturas.
O Goberno Central mellora o cuartel da Garda Civil de Celanova. O proxecto de mellora da OU-540 contará con 13 km con terceiro carril.
En deportes, o rali de Ourense terá un tramo urbano polas rúas da cidade. Deixamos o Campionato de España de Atletismo en pista cuberta en imaxes.
Provincia, artigos, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 161