Verín acollerá a décima edición da andaina de Monte ‘Pozo do Demo”, organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. O percorrido desta andaina é de 16 quilómetros, dificultade media, e a saída (ás 10.00 horas) terá lugar desde o Pavillón de Deportes de Verín, ao igual que a chegada.
A andaina partirá do Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e Monte Maior. Tras ascender ao Pozo do Demo, tomarase a ruta do mal paso dirección Tamagos, onde estará ubicado o avituallamento. Despois seguirase a ruta Camiño de Santiago ata Cabreiroá, pasando pola Casa da Inquisición, para chegar finalmente o Pavillón Municipal de Deportes. O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor amarelo.
As inscricións, cun prezo de 5 euros, poderán formalizarse, ata o 7 de abril, presencialmente en nas tenda Multisport Verín e Deportes Redonet (Rúa Ervedelo, Ourense), vía telefónica (600 410 018 e 988414423), así como no correo electrónico buzon@multisport.es Os datos que se deben facilitar son os seguintes: nome completo, sexo, DNI, data de nacemento, enderezo completo e código postal, teléfono de contacto.
Entre as recomendacións efectuadas desde a organización para os participantes atópanse: facer a baixada en grupo ou parellas (non se debe ir só), empregar calzado resistente e compacto para evitar esbarramentos e non saírse do trazado marcado pola organización.
As recollidas de dorsais poderase realizarse o venres 8 e o sábado 9 de abril, durante mañá (10:00 a 13:00 horas) e tarde (16:00 a 20:30 horas) no establecemento Multisport (rúa Irmáns Moreno), e o domingo 10 de abril, desde as 8:30 horas da maña ata media hora antes de cada proba, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.
Homenaxe a José Avelino de Carvalho
Nesta edición, o equipo organizador do evento rende homenaxe a José Avelino de Carvalho. Segundo destacaron desde a Asociación de Sendeirismo Roteiro das Augas, «este ano queremos renderlle este afectuoso homenaxe a un compañeiro e amigo co cal compartimos multitude de momentos e gozamos da natureza camiñando tanto en Galicia como en Portugal. Grazas pola túa amizade José Avelino de Carvalho».
O evento está patrocinado por Augas de Cabreiroá, HortoVerín S.L, Gadis e a Denominación de Orixe Monterrei; e colaboran co mesmo Saudeter, Multisport Verín, Cope Verín e as Agrupacións de Voluntarios.
SOURCE: Andaina Pozo do Demo