O Cineclube Padre Feijoo proxectará este mércores, 23 de marzo, a película «A peor persoa do mundo», dentro do ciclo Andrómena.
A película terá dous pases (ás 18 e 21 horas) na Casa da Cultura de Ourense (antiga biblioteca pública), na rúa Concello, 11.
A cota de entrada é de 4 euros para asociados e 5 para o público en xeral.
A peor persoa do mundo, de Joachim Trier
Julie vai cumprir os trinta e a súa vida é un desastre existencial. Xa desperdiciou parte do seu talento e o seu noivo Aksel, un exitoso novelista gráfico maior ca ela, presiónaa para que conteña a súa enerxía creativa e sente a cabeza. Unha noite cóase nunha festa e coñece ao novo e encantador Eivind. Tardará pouco en romper con Aksel e embarcarse nunha nova relación coa esperanza de que a súa vida adquira unha nova perspectiva.
SOURCE: cineclube Padre Feijoo