O prazo de inscrición será ata o 1 de abril.

Campamento de Semana Santa 2022 en Barbadás

O Concello de Barbadás abre o prazo para inscribirse no Campamento de Semana Santa 2022. O prazo de inscrición será ata o 1 de abril. O mércores, 6 de abril publicarase a listaxe de admitidos para a actividade. As solicitudes fóra do prazo sinalado estarán suxeitas á existencia de prazas libres. Máis información no teléfono 988 000 234 (Mocidade).

As inscricións realizaranse por unha das seguintes formas:
– De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Badás: https://barbadas.sedelectronica.gal.
– De forma presencial no rexistro (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168).
– E en calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.8.

Deberá presentarse o modelo de solicitude debidamente cumprimentado e a seguinte documentación:
– No caso de traballadores por conta allea: certificado da empresa en que se acredite o seu horario laboral.
– No caso de traballadores por conta propia (autónomos): declaración xurada do profesional que traballa por conta propia con indicación da xornada laboral, e o último recibo en vigor da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
– No caso de que o/a menor conviva só cun dos seus proxenitores e non sexa familia monoparental: deberán achegar, ademais do anterior, sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou medidas paterno-filiais nas que se especifique o proxenitor o que pertence a custodia do menor.
– No caso de familias monoparentais: deberán achegar ademais do anterior libro de familia.
– No caso de que non exista vínculo matrimonial, e ambos proxenitores convivan co menor:deberán achegar, ademais do anterior, certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.

Campamento
O campamento de Semana Santa celébrase os días 11, 12, 13 e 18 de abril, en horario de 9 a 14 horas, para nenos entre os 3 e os 12 anos. Terá lugar no Espaz Infantil do parque da Solaina.

SOURCE: Campamento Semana Santa Barbadás