Nova semana e novos títulos na carteleira do Cineclube Padre Feijoo. O luns 4 proxectarase Máis aló das estrelas, e o mércores 6, Flee. Coma sempre, as proxeccións serán na Casa da Cultura de Ourense (rúa Concello, 11) antiga biblioteca municipal.
Luns, 4 de abril. Ás 20.30 horas. Entrada 2 euros socios, 2,5 euros non socios.
Máis aló das estrelas
O 10 de abril de 2019 tivo lugar un dos acontecementos científicos máis impresionantes do século: obtívose a primeira imaxe dun buraco negro. Unha fotografía que convulsionou o mundo xa que confirmaba a teoría da relatividade de Einstein. Pero como se chega a un descubrimento tan relevante? Cóntase como se capturou esta imaxe pioneira obtida grazas ao Telescopio Horizonte de Sucesos (Event Horizon Telescope), que conecta oito radiotelescopios repartidos por todo o mundo para funcionar como un gran telescopio virtual do tamaño do planeta Terra.
Mércores, 6 de abril. Ás 18 e 21 horas. Entrada 4 euros socios, 5 euros non socios.
Flee. (ciclo Andrómedas)
Un refuxiado afgán acepta contar a súa historia persoal coa condición de que non se revele a súa identidade. Para lograr tal propósito, o director decide empregar un estilo de animación que non só protexe ao narrador, senón que potencia a súa historia, combinando o tempo e a memoria de forma visceral e poética.
SOURCE: Cineclube Padre Feijoo