Nesta ocasión a portada trae a Semana Santa, que regresa con todo o seu esplendor a terras ourensás; en Allariz, celebran eses días a Semana Santa ao Vivo con música en directo polas rúas alaricanas. E polas rúas, pero do Vinteún, celebrouse a primeira carreira da décima edición do Correndo por Ourense. Ademais, entrevistamos a Jorge Emilio Bóveda, que presenta novo libro: Anoitece en Vulgaria.
Unha gala benéfica «SOS Ucraína» recollera fondos para os refuxiados de Ucraína o 29 de abril no Auditorio de Ourense.
O Concello ten vía libre para a reconstrución da Chavasqueira; ademais está en marcha o proxecto para a contrución dun ascensor na estrada da Granxa. Máis patrullas policiais para as noites da zona de Viños.
Están en marcha as axudas para vivendas das Arru. A xente valorou con moi boa nota a presenza dos superhéroes durante a vacinación infantil.
Fundación Curros Enríquez e Concello de Celanova lanzan unha proposta para promover o Mosteiro de Celanova. A artista Luz Casal recibirá o premio «Celanova, Casa dos Poetas». En marcha os concertos didácticos de órgano na Igrexa de San Salvador. O cuartel da Garda Civil terá unha remodelación dun millón de euros.
Allariz presenta a Festa do Boi que terá lugar do 11 ao 19 de xuño. O Concello presenta un novo sistema de reciclaxe «Reciclos» que ademais chega con premio. Un convenio co hotel Oca Vila de Allariz permitirá usar a zona de spa aos veciños con prezos reducidos.
En Barbadás, un programa asesorará ás persoas máis vulnerables. No pleno apróbase a primeira relación de postos de traballo de funcionarios do concello.
O albergue de Oseira conta con 42 camas máis para peregrinos. A Xunta leva servizos especializados a máis de 100.000 galegos co programa Porta a porta. Boborás contará cun novo Centro de Saúde.
En deportes, o COB comeza o playoff de ascenso a LEB Ouro. Boa xornada tanto para os equipos ourensáns de fútbol coma de fútbol sala.
Dúas exposicións moi interesantes pódense visitar estos días en Ourense: «O poder da palabra: 40 anos do Parlamento de Galicia. 1981-2021», na Afundación; e «A Garda Civil ao servizo da cidadanía», na Sala Valente.
Esto e moito máis neste novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 162