A romaría etnográfica Raigame regresa a Vilanova dos Infantes no Día das Letras Galegas cunha homenaxe á figura do médico rural
Contará con todas as súas habituais actividades lúdicas e culturais dedicando a súa XIX edición á figura do médico rural, coa entrega a título póstumo do premio “Adolfo Enriquez” a José Gómez Vázquez, que fora médico de Vilanova e presidente da banda de música da localidade.
Xavier Álvarez, membro do Centro de Cultura Popular (CCP) Xaquín Lorenzo e secretario da revista “Raigame” recordou que desde o ano 2002 que comezou esta “maneira diferente de celebrar a galeguidade e as tradicións”, pasaron moitas persoas por Vilanova e outras moitas participaron na súa organización».
Este ano haberá o premio honorífico “Adolfo Enríquez”, en memoria do párroco de Vilanova, que na edición de 2022 será entregado aos descendentes de José Gómez Vázquez, antigo médico da vila e no que se personifica o traballo que ao longo da historia vén realizando no rural os profesionais sanitarios. O galardón, que inclúe unha escultura da torre de homenaxe da vila realizada polo artista Leandro Sánchez.
Así, dende as 11 ata as 19 horas, Vilanova acollerá, ademais dos tradicionais postos artesanais, actividades de gastronomía, música, baile e teatro de rúa que permitirán viaxar a comezos do século XX, mostrando ademais os oficios da época e mesmo recreando a sociedade do momento a través da vestimenta.
Oficios como teares, fotógrafos, xoieiros, vidreiros, talleres de música tradicional, carpinteiros e zapateiros entre moitos outros, ambientarán as rúas da vila na que se darán tamén cita grupos de música, baile e teatro procedentes de diferentes lugares como Vedra, Monforte e León, ademais de agrupacións ourensás.
Deste modo as rúas de Vilanova volverán encherse de artesáns de oficios tradicionais e cultura popular, situando a esta vila celanovesa como punto de encontro da etnografía galega dous anos despois da última edición.
SOURCE: Raigame