Celebraranse en Verín os días 3 e 4 de xuño.

IV Xornadas de Novela Negra “Personaxes de Novela”

O Auditorio de Verín acollerá, durante os días 3 e 4 de xuño, a cuarta edición das súas xornadas de Novela Negra “Personaxes de Novela”, nas que se combinarán o mundo de ficción das novelas e o real con personaxes verdadeiros que normalmente aparecen nas narracións deste xénero literario.

Desde o Concello de Verín quixeron felicitar aos organizadores por dar continuidade a unha proposta «tan completa e atractiva» e realizaron un chamamento aos amantes deste xénero negro e policiaco a achegarse a vila do Támega e gozar desta programación de “primeiro nivel”.

As xornadas “Personaxes de Novela”, organizadas pola Biblioteca do Concello de Verín teñen por obxectivo dar unha visión real sobre as personaxes que nelas normalmente aparecen. Para iso, Verín contará coa presenza de reputados escritores e profesionais que falarán en profundidade sobre moitas das claves deste xénero literario.

Devanditas xornadas serán coordinadas e dirixidas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín, e contarán con profesionais da talla de:

1º Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía, que nesta ocasión terá un encontro cos rapaces e rapaces dos centros de ensino, na súa calidade de membro da Fundación Galega contra o Narcotráfico, que levará por título “A mentira da droga”.
2º Víctor Souto, Comandante Guardia Civil – Xefe Secc. Homicidios, Secuestros e Extorsións (UCO), que ofrecerá unha conferencia titula “ENCAIXANDO PEZAS”, centrada sobre o traballo policial na investigación dos distintos delitos.
3º Iria del Río Tajes, Médica Forense do IMELGA de Pontevedra, que impartirá a conferencia “Violencia contra a muller. Vítima e vitimario, que dará unha visión da actuación médico forense no ámbito xudicial en materia de violencia contra a muller;
4º A escritora Arantza Portabales que impartirá a conferencia “COMO SE DESTRÚE UNHA NOVELA NEGRA”, partindo da base de como dende unha historia orixinal da que parte a escritora, a esnaquiza en mil anacos e vai dosificando a información para construír unha trama e lograr que o lector este prendido capítulo a capítulo ata o final do libro.
5º Alejandro Corral, o escritor aragonés que impartirá a conferencia “ENIGMAS, MISTERIOS E RAREZAS NO PRADO E NO MUNDO DA ARTE”, moi en relación coa súa última novela “La dama del Prado” onde conxuga o thriller, misterio e a arte.
6º Xoaquín Fernández Leiceaga, quen coa súa conferencia “A atracción da escritura dunha novela negra”, levaranos o que guía a un escritor a centrarse neste xénero literario, falando tamén da súa última novela “Baixo as alas de abril”.
7º Mesa Redonda dirixida por Rafa Cid, Director C.T. RTVE GALICIA, onde participarán tódolos intervintes.

Así mesmo, as IV Xornadas de Novela Negra serán presentadas por Lorena Carnero e Daniel Carnero, voluntarios da Biblioteca do Concello de Verín.

Tamén participarán Noelia Gallego (voluntaria da Biblioteca de Verín) moderando a conferencia de Alejandro Corral, Inés García (voluntaria da Biblioteca de Verín), moderando a conferencia de Arantza Portabales, Fernando Serrulla (Médico forense), moderando a conferencia de Iria del Río, e Miguel Losada (antropólogo), moderando a conferencia de Xaquín F. Leiceaga.

Para acudir ás IV Xornadas de N-N será preciso retirar entrada na Biblioteca do Concello de Verín ou pode facerse por transferencia bancaria ABANCA: ES83 2080 5168 1431 1001 4324, onde despois de ingresar o importe das mesmas (2Euros por cada día), débese enviar un mail á conta biblioteca@verin.gal có xustificante de ingreso e nome e apelidos dos asistentes, o día ou os días para os que se quere as entradas, para que o persoal da biblioteca reserve as citadas entradas deixándoas no propio Auditorio para a súa retirada os días das Xornadas.

Segundo explicaron desde a organización esta medida busca un doble obxectivo. Por unha banda, evitar a retirada a entradas sen ter a certeza absoluta de acudir ao evento, que conleve a que xente realmente interesada quedase sen as citadas entradas; e por outra, conseguir unha colaboración simbólica coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín e as súas actividades de fomento á lectura.

+ info: http://novelanegra.bibliotecadeverin.es

PROGRAMA COMPLETO
VENRES 21.
12h. “AS MENTIRAS DA DROGA”.
Intervención: Enrique León Calviño.
Ex comisario Vilagarcia de Arosa. Membro da Fundación Galega contra o Narcotráfico.
Acompaña na mesa: Miguel Losada
(Só Centros Ensino).

Tarde
19:30h. Inauguración.

19:35h. “ENCAIXANDO PEZAS”.
Intervención: Víctor Souto Fdez.
Comandante Garda Civil – Xefe Secc. Homicidios, Secuestros e Extorsións (UCO)
Acompaña na mesa: Xuíz Vázquez Taín.

20:20h “VIOLENCIA CONTRA A MULLER. VÍTIMA E VITIMARIO”.
Intervención: Iria del Río Tajes.
Médica Forense, Subdirectora territorial do IMELGA Pontevedra
Acompaña na mesa: Xuíz Vázquez Taín e o Forense Fernando Serrulla

———————————————————————————-

SÁBADO 22
18:00h. «A ATRACCIÓN DA ESCRITURA DUNHA NOVELA NEGRA».
Intervención do profesor e escritor Xoaquín Fernández Leiceaga.
Acompaña na mesa: Miguel Losada e o Xuíz Vázquez Taín.

18:30h “ENIGMAS, MISTERIOS E RAREZAS NO PRADO E NO MUNDO DA ARTE”
Intervención do escritor Alejandro Corral.
Escritor presenta «La dama del Prado“.
Acompaña na mesa: Noelia Gallego e o Xuíz Vazquez Taín.

19:00h. “COMO SE DESTRÚE UNHA NOVELA NEGRA”.
Intervención: Arantza Portabales.
Escritora presenta: «A vida secreta de Úrsula Bas”
Acompaña na mesa: Inés García e o Xuíz Vazquez Taín.

RECESO 10 MINUTOS.

19:40h Mesa redonda dirixida por Rafa Cid.
Director C.T. RTVE GALICIA.
Participan: Enrique León, Vazquez Taín, Víctor Souto, Iria del Río, Alejandro Corral e Arantza Portabales, Xaquín F. Leiceaga.

20:40h. Fin das IV Xornadas de Novela Negra e Sinatura libros.

SOURCE: Xornadas de novela negra