Nesta ocasión a portada a copan os tres equipos deportivos ourensáns que ascenderon de categoría. o COB a LEB Ouro, o o Ourense CF a 2ªRFEF; e a UD Ourense a 2ªRFEF. Un éxito que non tiña lugar en en Ourense desde hai moito tempo.
Tamén na portada anunciamos as xornadas de de Novela Negra de Verín, que terán lugar os días 3 e 4 de xuño no auditorio municipal.
Entrevistamos a Alberto Fernández Diz, autor do libro «En el barrio me llaman el Chino».
O concello de Ourense presenta nova web de transporte urbano de autobuses. O concello conta con 10 novos enxeñeiros informáticos.
O Goberno municipal quere mobilizar 40 millóns de euros mediante unha modificación de crédito para, entre outras cousas, a obras e proxectos de humanización.
En Verín, iniciáronse os trámites para que o Concello se faga co control do servizo de augas debido a que a empresa concesionaria non cumpre co seu cometido de mantemento.
Están abertas as inscricións para a Ludoteca e o Campamento de verán.
Verín quere usar o antigo edificio dos almacenes Recaredo Romero como Museo Internacional da Gaita.
Aprobada a OPE para estabilizar emprego público en Verín; serán case 40 postos de traballo diferentes que pertencen a todas as áreas municipais e un total de 89 prazas a cubrir.
Varios proxectos de alumnos limiáns participaron na Galiciencia. Plantáronse máis dun cento de flores na praza de Santa Mariña de Xinzo.
Trandeiras contará cun centro de interpretación; Concello e Confederación elevan ata case un millón de euros a inversión no mosteiro.
A Asociación Escola Rural De Saúde da Limia promove, no forno de Sarreaus, encontros para a recuperación de tradicións como o forneado, as cancións e a música tradicional.
Vilanova dos Infantes recupera Raigame; o público non faltou á cita coa romaría. A Xunta colabora na contratación de socorristas para este verán en 57 concellos da provincia. Xantar na Casa chega a Oímbra.
Este sábado, 28 de maio, celébrase a carreira nocturna do Couto do circuítos de carreiras populares «Correndo por Ourense». O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa,inaugurou o Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado (NADE).
Ocio, opinión, axenda e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 165