O Campionato de España individual e clubs e nacional base de Trampolín celebrarase por segunda vez consecutiva no Pazo dos Deportes, contando nesta edición coa presencia de máis de 500 deportistas procedentes de 74 clubs distintos que proveñen de todas as comunidades de España, para competir nas modalidades de dobleminitramp, tumbling, trampolín e sincronismo. A competición terá lugar esta fin de semana.
Ademais, aqueles participantes que compitan na categoría de élite aspirarán a unha bolsa que concederá Divina Seguros, patrocinadora da proba.
Neste Campionato de España destaca especialmente a participación dos deportistas galegos, que serán a terceira delegación máis numerosa, so por detrás dos ximnastas de Madrid e Castela e León. Ourense, pola súa banda, encabezará á delegación galega grazas ós máis de 60 participantes que competirán por clubs da cidade.
SOURCE: Campionato de España de Trampolín