O anexo do pavillón dos Remedios acolle esta fin de semana o Campionato de Galicia de Kungfu Moderno. En total participarán 150 deportistas con idades comprendidas entre os 4 e os 40 anos que se agrupan en dúas categorías de equipo – Formas e Combate -, e catro categorías individuais – Formas, Sanda, Qingda e Shuaijiao -.
Na rolda de prensa do campionato estiveron presentes o Concelleiro de Deportes, Mario Guede, acompañado de Manuel Pérez, en representación da Xunta de Galicia, Carlos Alonso, Presidentes da Federación Galega de Kungfu, e Aarón Blanco, director do club Artai.
O evento dará comezo ás 15 horas do sábado, 18 de xuño, e poñerá en liza aos mellores deportistas galegos da disciplina.
Unha vez máis, a federación contou co club Artai de Ourense para a organización dun evento destas características e coa instalacións que brindan o pavillón municipal dos Remedios. Tampouco falta a colaboración da Xunta de Galicia e o seu Deporte Galego.
SOURCE: No Campionato de Galicia de Kungfu Moderno que se celebra nos Remedios.