Gañan a 55ª edición do Rally de Ourense.

Efrén Llarena e Sara Fernández logran a vitoria no Rallye de Ourense

O Skoda Fabia Rally2 Evo de Efrén Llarena e Sara Fernández corouse na 55ª edición do Rally de Ourense Recalvi. Unha edición con moitas novidades que non defradou aos milleiros de afeccionados que non se quixeron perder o espectáculo das catro rodas.
Na primeira xornada xa se viu unha quinta proba do Supercampionato de España moi disputada. As dúas pasados por Amoeiro e O Irixo-Boborás deron paso a un tramo urbano que fixo as delicias dos presentes. Entrada a noite a clasificación deixaba a Iván Ares (Hyundai i20N Rally2) como primeiro, seguido de Pepe López (Hyundai i20N Rally2) como segundo, e Efrén Llarena (Skoda Fabia Rally2 Evo) como terceiro.

Xornada definitiva
Despois do dominio dos Hyundai durante os tramos da primeira xornada, todo cambiou na xornada definitiva. No primeiro tramo do sábado (Barbadás), Pepe López (con Borja Hernández de copiloto) vironse obrigados a abandonar por culpa dunha avaría ao sairse da estrada. No primeiro paso por Toén, Iván Arés tamén sufriu unha avaría que obrigouno a abandonar cando marchaba como líder. Con este panorama quedaba todo despexado para os Skoda nunha loita fraticida entre Efrén Llarena e «Cohete» Suárez; este último viña remontando posicións despois dunha primeira xornada pouco fructífera.

Podio
Así, despois dos 145 quilómetros cronometrados, Llarena levouse a vitoria por primeira vez en Ourense marcando un tempo dunha hora, 25:52.8 minutos. Suárez tardaría 4,1 segundos máis polo que subiría ao segundo caixón do podio. En terceiro lugar remataría Alejandro Cachón e Ángel Vela (Citroen C3 Rally2) a máis de dous minutos e medio do vencedor.
Surhayén Pernía – Alba Sánchez (Hyundai) e Óscar Palomo – Javier Moreno (Peugeot 208 Rally4) foron cuartos e quintos, respectivamente.

Outros trofeos
O propio Óscar Palomo gañou a Peugeot Ibérica. O Trofeo José Luis Outeiriño recalou en Pablo Blanco e Ian Quintana (Citroën C3 N5); os primeiros da Copa Suzuki Swift foron David Cortés e Rubén Soto; Roberto Blach, xunto con Mauro Barreiro, venceron a RTS.
Os trofeos máis entrañables son o Escudería Ourense e o Estanislao Reverter. O primeiro logrouno con solvencia Jorge Coca e Diego Vázquez, co Subaru Impreza; e o segundo foi para Juan Manuel Carballo con Ismael Iglesias, no Fiat 131.

SOURCE: 55 Rallye de Ourense