Nesta ocasión, coa capital inmersa nas súas Festas Patronais, a portada trae o concerto de Morad que congregou a milleiros de fans. Tamén traemos o Rallye de Ourense que deixou a Efrén Llarena como vencedor da 55ª edición. A Xunta modernizará os regadíos da Limia. E Roberto Verino ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes nun acto celebrado no Auditorio de Verín.
Como tema da semana traemos a amplia porgramación das Festas de Ourense con máis de 200 actividades. Ademais, cada día está máis preto a accesibilidade vertical na Cruz Alta e na rúa Avilés de Taramanco.
O pleno de Ourense aproba 18 modificacións de crédito para investir 50 millóns de euros na cidade.
En Verín, Aever, trae a campaña «Eu merco en Verín», na que o 1 de xullo haberá inchables para os máis cativos en varios puntos da vila. O musica «Camiñantes e Cantantes 2022» inicia a súa xira o 26 de xuño en Verín (praza García Barbón, ás 21.30 horas).
As xornadas de Novela Negra congregaron a un milleiro de persoas; e 200 persoas coñeceron os viños de Monterrei nas súas Xornadas de Portas Abertas.
A Xunta acondiciona o centro de coordinación provincial e de distrito na loita contra os incendios forestais. O parque Elisa e Marcela xa é unha realidade en Xunqueira de Espadañedo.
CHMS e Concello de Xinzo eliminarán vertidos no Limia. O deportes invadirá Xinzo este verán con actividades deportivas para todas as idades. Alumnos do Carlos Casares peregrinaron ata Santiago de Compostela.
En deportes, o «Correndo por Ourense» fai parón tras tres xornadas e regresa en setembro cuon dúas carreiras (Universidade e A Ponte). Na última carreira celebrada no Centro Enrique Blanco e Vicky Losada alzáronse co triunfo. O Campionato de Galicia de kungfu moderno, que se celebrou no pavillón dos Remedios, contou con 150 deportistas competindo.
Ocio, cultura, clasificados, opinión e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 167