A coordinación, harmonización e relaxación física e mental que conleva un deporte tan beneficioso como o taichi, que activa o funcionamento dos órganos e o sistema inmunitario volverá ter desde o luns 4 de xullo o protagonismo que cobra cada verán no Xardín do Posío, a través da actividade “Taichi na rúa”, que este ano alcanza a súa 38ª edición.
“Levamos apoiando desde sempre esta iniciativa, que forma parte da cultura oriental milenaria que harmoniza corpo e mente e está aberta a todas as persoas de calquera idade, completamente de balde”, sinalou o concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede.
Como novidade este ano, haberá unha quenda de tarde, na terceira semana do mes de xullo, a partires das 20h nos Remedios. Nas dúas primeiras semanas do mes de xullo o horario será ás 8:00 da mañá no Xardín do Posío, tal e como informou o mestre José Gago, que imparte esta tradicional actividade do verán ourensán.
SOURCE: Taichí na rúa