O Concello de Allariz, a través da área de promoción económica, organiza dende fai varios anos o Mercado de Artesanía “Arte de Man”. O evento pretende promover, achegar o traballo e a venda directa dos artesáns locais así como doutros profesionais galegos convidados. A data prevista para a edición de 2022, como ven sendo habitual o segundo domingo do mes de setembro, será o 11 de setembro.
Con motivo deste evento a organización publica as bases de participación e abre o prazo de inscrición para aqueles artesáns cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia.
O prazo de inscrición comezará o venres 15 de xullo e estará aberto ata o 5 de agosto. As artesás interesadas en participar poden inscribirse a través da páxina www.allariz.gal/artedeman.
As persoas organizadoras do evento serán os/as encargados/as de seleccionar aos/ás participantes segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e oficios e dará prioridade á mostra do oficio en vivo durante a feira. Información: 988 442 210 – dinamizacioneconomica@allariz.gal Centro de Promoción Económica de Allariz.
SOURCE: Arte de Man