Nesta ocasión, e por desgracia, a portada trae a plaga de lumes que asola a provincia, sendo o da zona de Valdeorras o máis grande de cantos se produciron en Galicia. A nota amables desta portada é a celebración da Batucada 2022 de Verín os días 29 e 30 deste mes, que xunto as Festas da Ponte -esta fin de semana- e a Festa do Pulpo -segundo domingo de agosto- poñen a nota alegre deste Barrios. A Festa do Pulpo (que celebra asúa 60º aniversario) foi declarada festa de interese internacional.
As obras continuan polo Concello de Ourense, ao tempo que o PP presenta ao ex alcalde Manuel Cabezas como novo presidente do populares na cidade, sendo ademais, o próximo alcaldable.
Ourense presenta as súas letras ao caron da ponte Romana, onde seguro, será unha nova atracción turística. O Campamento Urbano desenvolverase do 1 ao 11 de agosto.
En Verín, a Asociación de Empresarios (Aever) presentou a campaña «Móllate polo comercio» na que o día 5 de agostos instalaranse inchables de auga en varias zonas da vila, e para todas as idades.
A Feira do Viño de Monterrei celebrará a súa 15ª edición do 12 ao 14 de agosto. O Festival de Curtas de Verín (FIC) volve a contar con actividades para os máis cativos. O Hospital de Verín ampliarase.
O Concello de Xinzo de Limia contrata a cinco persoas en risco de exclusión social. O Obradoiro Vía da Prata entrega os seus diplomas; os alumnos traballaron en zonas abandonadas dándolles unha nova vida. O Programa Hypatia é unha iniciativa de atención, asesoramento, formación e intervención con mulleres de diversos perfís e de todas as idades. Os concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Sandiás deseñaron este programa.
En deportes, o COB xa coñece o seu calendario. As lusas do Aguias de Santa Marta vencen no maratón de Cartelle de fútbol sala feminino.
Opinión, humor, axenda e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 169