Jácome cesa das súas funcións aos concelleiros do Partido Popular. O PP mandan un comunicado no que anunciaban a intención de sair del Gobierno local.

Terremoto no Concello de Ourense

Terremoto no Concello de Ourense. O que se barruntaba desde hai unhas datas explotou este 26 de xullo.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome retiroulles as competencias delegadas a todos concelleiros do PP que formaban parte do goberno municipal e o grupo de Democracia Ourensana gobernará en solitario o Concello. Así o anunciou Pérez Jácome, logo de que os concelleiros do PP Jorge Pumar, secretario local do PP na cidade, e Flora Moure, portavoz do grupo municipal, non acudisen á cita convocada polo alcalde para que reafirmasen o compromiso de continuidade do PP no goberno local. NO seu lugar ía acudir a concelleira Ana Morenza.
O alcalde considera “intolerable” que desde o PP se puxese en dúbida a continuidade do pacto de goberno e que os concelleiros non acudisen á cita convocada na Alcaldía para clarificar a situación. O “plantón” desta mañá, dixo o rexedor, é “a gota que colma o vaso”. “O Concello non pode xogar aos tempos que marquen os intereses electorales do PP”, manifestou.

O alcalde retiroulles as competencias de goberno que lles foran delegadas aos concelleiros e concelleiras do PP. Tampouco participarán nas xuntas de goberno e lles retirará dedicacións exclusivas. “A ruptura é taxante”, concluiu Pérez Jácome, quen avanzou que Democracia Ourensana gobernará en solitario o Concello, e que o fará “mellor”. “Ourense está en marcha e non o podemos frear polos intereses doutro partido que está facendo como o cabalo de Troia. Seguiremos gobernando a cidade os catro concelleiros de Democracia Ourensana, e o faremos moito mellor”.

Replica Popular
A postura do PP non se fixo esperar e mandaron un comunicado no que anunciaban a intención de sair del Gobierno local. «A chegada de Manuel Cabezas provoca a saída do grupo popular do goberno municipal no Concello de Ourense», así arrancaba o comunicado que explica que o novo presidente do PP en Ourense facía unha chamada á reflexión «colectiva sobre a idoneidade ou non de soster o goberno de coalición».

BNG
O primeiro partido en dar a súa opinión foi o BNG. Os nacionalistas esíxenlle a PP e DO que deixen de xogar co Concello de Ourense. O acontecido é, segundo o BNG, unha nova mostra de que tanto a PP como a Jácome, Ourense non lles interesa absolutamente nada, demostrándose unha vez máis que o pacto asinado no seu día era exclusivamente para satisfacer apetitos persoais e, sobor de todo, para garantirlle a Baltar o control da Deputación provincial.

SOURCE: Terremoto Concello Ourense