O Servizo Municipal de Protección Civil do Concello de Barbadás realizou ao longo do mes de xuño un total de 68 intervencións. Protección Civil de Barbadás participou en 17 operativos e 12 servizos de prevencións de riscos.
Os voluntarios participaron tamén no rescate dunha persoa atrapada nun ascensor e en sete intervencións relacionadas co control de vespas velutinas. Dende este servizo municipal tamén se interviu no operativo habilitado pola desaparición de unha persoa, que finalmente foi localizada. Participaron tamén en dous incendios e en un accidente de estrada así como en tres anegamentos.
Máis actuación
Recolleronse 10 animais e participouse nunha intervención dunha árbore con risco para a seguridade das persoas. Tamén se interviú nunha asistencia sanitaria e en sete servizos de variada natureza.
Dende o Concello de Barbadás, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel valora «moi positivamente» o grao de traballo e implicación do voluntariado no Servizo de Protección Civil, así como da «coordinación do mesmo» polo seu responsable, Daniel Rey.
SOURCE: Protección Civil Barbadás