A Coupe da Jeunesse celebrarase os vindeiros 5, 6 e 7 de agosto nas instalacións do Club Náutico de Castrelo de Miño.
A competición estará composta por 120 embarcacións e preto de 400 deportistas de 16 equipos, cada un correspondente a un país, que a través da suma de puntos nas distintas probas das distintas modalidades deberán conseguir colocar ó seu país no máis alto da clasificación ao remate da última xornada para facerse co título de campións.
Categoría de campionato de Europa
A Coupe de la Jeunesse chega ao Parque Náutico de Galicia trala celebración da última edición en Austria. Trátase dunha prestixiosa proba internacional de remo para deportistas de entre 16 e 18 anos, nas modalidades feminina e masculina, en representación de 16 países. A copa, que ten categoría de Campionato de Europa, celebrarase en 2023 na capital de Holanda, Amsterdam.
SOURCE: Coupe da Jeunesse