A cidade de Ourense acollerá o Campionato de España absoluto individual absoluto e por equipos de karate 2023, masculino e feminino.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse no Concello con Antonio Moreno Marqueño, presidente da Real Federación Española de Karate, e Javier Pineño Roldán, vicepresidente da Real Federación Española de Karate e Óscar Lafuente López, presidente de la Federación Galega de Karate, para avanzar nos preparativos do evento, que converterá Ourense no punto de referencia nacional desta modalidade deportiva, que conta en España cunha grande tradición e medallas olímpicas, como as acadadas nos Xogos de Tokyo 2020 por Sandra Sánchez (ouro) e Damián Quintero (prata).
O campionato desputarase no mes de xaneiro, desde o día 20 até o 22, e incluirá as modalidades de kumite e kata, así como a de parakarate.
“Será a grande festa do karate en España”, destacou ao remate da xuntanza o alcalde, quen avanza que o evento contará cunha “importantísima cobertura mediática”, xa que será retransmitido por cadenas de televisión a nivel nacional. “Ourense estará aí, no foco”, manifestou Pérez Jácome, quen lembra que Ourense é “a cidade galega mellor conectada coa península co AVE que xa daquelas cumplirá máis dun ano da súa chegada”.
SOURCE: Campionato España kárate