A portada chega co título: Inicio do curso 2022-2023. E é que comezou nestas datas o curso escolar e o curso deportivo. Preto de 29.000 escolares da provincia regresaron ás aulas sen protocolo Covid19 sendo a primeira vez desde que se declarara a pandemia.
As competicións deportivas van dando comezo sendo o fútbol o máis madrugador.
O ministro Miquel Iceta inaugurou o Arquivo Histórico Provincial, onde non foi invitada unha representación do Goberno local.
O grupo Mago de Oz amenizará a noite de «Halloween»; para o 24 de setembro está prevista a actuación de Maikel Delacalle.
Xa está en marcha a mellora de accesibilidade entre o parque das Mercedes e a rúa Arturo Pérez Serantes.
O pleno do Concello vota por unanimidade apoiar que Ourense sexa a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).
A campaña de fomento da lectura do Concello de Ourense remata con 9.777 menores escollendo un libro.
Xinzo estrea unha guía para o asesoramento das mulleres en materia de
igualdade, conciliación, saúde ou emprego. Sarreaus acolle a exposición “Mulleres símbolo do rural”.
A xornada “Invisibilizadas para a medicina” reunirá en Xinzo a expertas
que debaterán sobre a discriminación da muller como obxecto da ciencia. O programa, que se desenvolverá o 23 de setembro no Auditorio Municpal Ángel Cocho.
Reparo suspensivo por falta de liquidez no Concello de Xinzo; a interventora do Concello tasouno en 164.000 euros. Os festivos locais de 2023 serán o martes de Entroido, 21 de febreiro, e o día de Santa Mariña, 18 de xullo.
Xinzo e Strakonice (República Checa) prepáranse para irmandarse. As feiras atraeron a unha 43.000 persoas.
Luz Casal recibe en Celanova o premio «Casa dos Poetas». Ata o venres, 16 de septembro, está aberta a preinscrición para anotarse nas Escolas Deportivas do Concello de Celanova.
As escolas municipais de Allariz -cuxas actividades darán comezo en outubro teñen aberto o prazo de inscrición. A Oficina Municipal de Turismo de Allariz atendeu a preto de 8.000 persoas durante o mes de agosto.
Celébrase a 8ª edición das xornadas AstroTrevinca do 23 ao 25 de setembro na Veiga. A Mobile Week Ourense 2022 celebrarase entre o 15 e 18 de setembro en varios emprazamentos da provincia.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación do programa de aceleración Galicia Avanza.
En deportes, Burela faise co Torneo Internacional de Cartelle de fútbol sala feminino. As bicicletas tomarán a cidade o domingo, 18 de setembro, no Día da Bici. Diz e Domínguez seguen gañando no “CxO”; esta vez venceron na proba da Universidade.
A carreira pedestre popular do San Martiño 2022 celebrarase o domingo
20 de novembro.
Ocio, clasificados, artigos e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 171