Setembro de cinema, obras e proxectos é o títular nesta ocasión. Cinema, polo Festival de Curtas de Verín (FIC) e o Festival de Cinema de Ourense (OUFF); obras e proxectos que se están a realizar na cidade de Ourense: as novas liñas de autobuses con nova flota destes vehículos e os elementos electrónicos, para unha maior accesibilidade que se farán por todos os barrios da cidade.
Outro dos temas destacados teñen que ver con Verín. Por unha banda, o pleno aprobou os orzamentos -con informe negativo da interventora en funcións-; ademais a vendima da DO Monterrei está na súa recta final, esta rematará a primeiros de outubro logo de recoller ao redor de seis millóns de quilos de uva. Ademais, foi detida unha muller como presunta autora de cinco delitos de incendio provocados en Verín.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou o Centro Galego de Innovación. O Concello de Ourense instalará un sistema de cámaras de control de accesos á zona peonil do centro histórico da cidade. O Pobo Pantasma de Chaioso volverán estar, por segundo ano consecutivo, en Halloween na Noite de Medio de Ourense. Será o vindeiro 31 do vindeiro mes de outubro. O Concello de Ourense vén de abrir o prazo de inscrición na programación de actividades para nenos e nenas dos Centros Cívicos para o curso 2022/23. A Subdelegación do Goberno en Ourense foi a sede do acto de entregas das distincións do Programa Star a tres colexios da provincia.
En Verín, Banksy segue deixando o seu selo e aparece outra das pintadas do artista. A Ludoteca de verán e o Campamento Urbano de Verín chegou ao seu fin neste verán de 2022. Os nenos e nenas usuarios dos dous servizos despedíronse cunha festa rockeira. O Concello de Verín organiza a segunda edición da Feira da Cervexa que terá lugar os días 7, 8 e 9 de outubro na zona verde da Preguiza.
A brigada contra incendios de Barbadás interviu en cinco lumes e realizou, ademais, actividades de prevención. Unha exposición, na Casa da Cultura de Barbadás, recolle fotografías sobre a emigración; pode visitarse ata o 21 de outubro.
Os balnearios de Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e Arnoia, xunto á Deputación de Ourense, lanzan a campaña «1.000 sesións balnearias a 1 euro». Termatalia reúne, os días 29 e 30 de setembro, a 25 países; convoca a destinos, empresas e profesionais del turismo da saúde.
En deportes, Rubén Diz e Begoña Domínguez volven vencer na quinta proba do «Correndo por Ourense». A 6ª Copa deputación de Ourense de Doma Clásica e a 7ª Liga Interclubs zona sureste de Galicia disputarase este domingo, 2 de outubro, no hipódromo de Antela.
“Galicia Ilusiona” congrega a cinco dos mellores ilusionistas do mundo; a Gran Gala Internacional terá lugar no Auditorio de Ourense o 1 de outubro. Este ano o CanedoRock cumple 19 ediciónsé o celebra o sábado 1 de outubro, no Café Auriense, con grupos da catro provincias galegas.
Artigos, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 172