A Deputación de Ourense colabora coa 12ª edición da Andaina Concello da Merca, que se celebrará este domingo, día 9 de outubro, a favor do Centro Ocupacional Terras de Celanova.
A saída da proba, que será de 16 quilómetros, está prevista a súa saída para as 09 horas no local social de Rubillós, que tamén acollerá a chegada. Entremedias, os participantes afrontarán un percorrido por enclaves coma a canle do Ruca ou o roteiro San Marcos – Penedo da Moura.
Os interesados en participar neste evento poden inscribirse no Concello da Merca -ata este venres, ás 13 horas- ou o mesmo día da andaina, ata media hora antes. A inscrición ten un custe de 5 euros, do que un euro irá destinado ao Centro Ocupacional Terras de Celanova.
Os participantes terán avituallamento durante o percorrido e pinchos ao final.
SOURCE: Andaina Concello da Merca