O sábado 15 de outubro, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a representación do espectáculo A parábola do angazo da compañía Talía Teatro.
As risas están aseguradas na parábola do angazo, unha comedia para todos os públicos creada por Talía Teatro a partir de textos de media ducia de autoras e autores, no que os actores Toño Casais e Artur Trillo fan unha exhibición do seu potente bis cómica. Porque a lectura en clave de “retranca” sobre os usos e abusos dos idiomas galego e castelán, como xa demostraron os Talía co gran éxito de Bicos con lingua, provoca a gargallada continúa do público.
O programa TeCe Redes en Galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Verín facilitan o acceso gratuíto a un espectáculo para non perder.
SOURCE: A parábola do angazo