Comeza a vacinación. Este é o titular máis destacado nesta ocasión; e é que iniciouse a vacinación da cuarta dose da covid19 para persoas maiores de 85 anos que se ampliará, nestas datas ata os maiores de 60 anos, cubrindo a 120.000 ourensáns. Tamén se administra a vacina da gripe, nunha campaña que dura ata finais de ano.
Outra das noticias destacadas é a reunión mantida entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o rexedor trasladoulle as necesidades da cidade.
Na web do Concello de Ourene pódese consultar a primeira proposta de frecuencia dos buses urbanos na que se busca optimizar a redistribuír as liñas.
Centro Comercial Ponte Vella cumple 21 anos e o celebra con numerosas actividades ao longo do mes.
Un concurso de ideas elexirá o modelo da nova sede da Xunta de Galicia na cidade que se ubicará no barrio das Lagoas. Renovouse o parque de Cudeiro. O comercio local reparte 12.000 euros na provincia.
En Xinzo, comeza o cambio a LED. O novo obradoiro de emprego construirá novas zonas verdes. Edelmiro Martínez Cerredelo é nomenado fillo predilecto de Xinzo. Regresa o abrazo ao Limia de escolares de Xinzo e de Ponte da Limia.
A Alameda de Allariz contará con nova imaxe trala súa remodelación. A Casa da Mocicade elabora un programa de actividades para este outono. Allariz recibe o premio «Cidades e pobos que alimentan».
Os días 29, 28 e 29, Celanova celebra catro décadas de aprendizaxe sobre os cogomelos. Un pleno polémico fai que abandonen a sesión os integrantes do PP e do BNG. A Xunta comprométese a realizar melloras no Concello da Bola.
O hipódromo de Sandiás pecha a tempada de Doma Clásica. A Merca recupera a Parroia Bike. O COB perde nas dúas primeiras xornadas da LEB Ouro.
A Deputación de Ourense aproba os orzamentos para o 2023. A CHMS móstrase preocupada pola seca.
Ocio, artigos, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Novo número de Barrios