Con actividades ao longo da vindeira semana.

Allariz celebrará o 25N

A área de Benestar Social do Concello de Allariz ultima os detalles para a celebración, o 25 de novembro, do Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Organiza unha programación chea de actividades que terán lugar dende o 21 ao 27 de novembro en Allariz.

O lema das xornadas deste ano será “Faino por ti”. Segundo nos explicaban Maribel Poisa Rey concelleira de Benestar Social e Cristina Outeiriño, técnica de igualdade do Concello de Allariz, un berro de esperanza para seguir loitando por un mundo sen violencia e para que as mulleres poidan saír da invisibilidade e dar un paso adiante cara unha nova vida lonxe de calquera tipo de maltrato. Cristina resaltaba a importancia de sumar forzas para acabar con calquera tipo de discriminación cara as mulleres e a prol dun traballo que abarque todos os ámbitos da sociedade, a través da coeducación, igualdade e convivencia.

O Concello de Allariz pretende que coas diferentes propostas abarcar o fomento dos bos tratos, practicando ás relacións sen violencia, a eliminación de prexuízos, mitos, e estereotipos de xénero e tamén promovendo o cambios de patróns sociais e culturais, as novas masculinidades e a implicación de toda a sociedade na construción dunha igualdade real e efectiva que sirva para a destrución da violencia machista. So tomando os bos tratos como modelo a seguir poderá construírse unha sociedade xusta e libre de violencia.

As actividades comezarán o luns 21 cunha charla obradoiro de empoderamento e sororidade entre mulleres ás 17:00h no Fogar dos Maiores. Esta charla-obradoiro con Dora Cabaleiro leva por titulo “Sacala voz” e está dirixida a mulleres na que se traballará aspectos como a sororidade, autoestima, empoderamento e liderado femenino.
O martes as actividades trasladaranse ao IES de Allariz ca obra de teatro Golpes. A esta obra de asistirá o como alumnado de 3º da ESO do centro.
O mércores 23 será o turno da charla sobre relacións sas e o bo uso das redes sociais, con Lucía Fernández Coutado ás 19h no Fogar dos Maiores. Durante esta actividade abarcarase aspectos tan importantes como unha contextualización sobre os diferentes tipos de violencias, así como estereotipos de xénero, igualdade e sororidade. A actividade está aberta a toda a poboación pero con especial incidencia na adolescencia (dende os 12 anos) e pais e nais.
O venres 25 ás 12:00h será a lectura do manifesto contra a violencia de xénero na praza Maior.

Para finalizar as actividades programadas para estas xornadas, o domingo 27 ás 17 h. haberá teatro de rúa contra a violencia de xénero “Non cantes para min cancións tristes” do grupo de Teatro Silvaldeiras dende o Campo da Barreira. Un ano máis dende o departamento de igualdade da Área de Benestar Social do Concello de Allariz reivindican a non violencia contra as mulleres.
Podes solicitar información sobre as charlas no Fogar dos Maiores, no 988 554 059 ou no correo igualdade@allariz.gal.

 

 

SOURCE: 25N Allariz