Coa campaña organizada por AEVER.

O comercio local reparte 6.000 euros no Nadal

A Asociación de Empresarios de Verín (Aever), co obxetivo de fidelizar é premiar aos clientes e incentivar as vendas, lanza por terceira vez a campaña de Nadal “Os 6.000 de Verín”. A campaña foi presentada, nas oficinas da asociación, por José Ángel Rodicio, xerente de Aever; Santos Álvarez, presidente de Aever; e María Isabel González, concelleira de comercio
A campaña deu comezo o día 16 de novembro e prolongarase ata o 27 de decembro. Na mesma participan un total de 110 establecementos de AEVER.

Máis premios
Nesta ocasión haberá máis premios. Sortearanse 15 cheques: un de 2.000 euros (gastando nun mínimo de 10 locais e facendo un gasto máximo de 200 euros en cada un); un de 1.000 (en cinco locais cun gasto máximo de 200 euros en cada un); dous de 500 (usándoo en cinco locais un máximo de 100 euros); tres de 300 (en seis locais un máximo de 50 euros); tres de 200 (en catro locais un máximo de 50 euros); e cinco de 100 (en dous locais un máximo de 50 euros). O sorteo farase ante Notario nas instalacións da asociación, o día 28 de decembro.
Na campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia, cada asociado pon 70 euros para premiar apoio dos clientes ao pequeno comercio.

Sorteo
Os clientes deberán cubrir as papeletas que lle entregue cada establecemento polas compras realizadas, cos seus datos de contacto (nome e apelidos, DNI e teléfono), introducilos en calquer buzón que estarán a disposición en todos os establecementos participantes. Cubrir a papeleta implica a aceptación das bases que estarrin a disposición na web ccaverin.com.
Unha vez realizado o sorteo e localizados os premiados, estes terían ata o día 5 de xaneiro para facer as súas compras polo importe premiado; entregaranse uns pasaportes de canxe.

SOURCE: AEVER Verín