Remata o ciclo de Cine e Medicina do Colexio de Médicos de Ourense con Hedwig and the angry inch (o martes, 29 de novembro); ademais, proxectarase o filme Dating Amber (mércores 30). As películas veranse na Casa da Cultura de Ourense (antiga biblioteca pública) rúa Concello, 11.
Hedwig and the angry inch
Hedwig foi sometida a unha operación de cambio de sexo que lle permitiu casar cun soldado estadounidense e acadar a liberdade ao outro lado do muro de Berlín. Con todo, a operación saíu mal e Hedwig quedou con esa “polgada enfadada” que lle dá nome á película. Nun parque de caravanas en Kansas, Hedwig decidiu formar un grupo de rock. Foi así como coñeceu a Tommy Gnosis, un mozo que foi o seu amante e protexido antes de abandonala, roubarlle as cancións e triunfar como estrela do rock. Acompañada polo seu grupo pan-eslavo, The Angry Inch, seguiu a Tommy de xira, tocando en locais medio baleiros. A través dun collage de cancións, flashbacks e imaxes animadas, Hedwig conta a historia da súa vida e trata de aproveitar a prensa amarela que se interesa por ela por ser amante do famoso cantante de rock Tommy Gnosis.
Horario: 19.30 horas do martes, 29 de novembro.
Entrada: 4 euros.
Dating Amber
Os mellores amigos Eddie (O’Shea) e Amber (Petticrew) finxen ser unha parella para evitar os rumores sobre a súa orientación sexual que corren pola escola.
Horario: 18 e 21 horas do mércores, 30 de novembro.
Entrada: 4 euros -socios-, 5 euros -non socios-.
SOURCE: Cineclube Padre Feijoo