Este venres, 2 de decembro, ás 19 horas.

“Jacinto” de Javi Camino, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín

O Concello de Verín pecha as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo. A vindeira cita será o venres 2 de decembro, ás 19 horas, coa proxección do filme Jacinto no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.

O Ciclo Mestre Mateo é un circuíto de cinema galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense, dirixido a concellos e vilas que desexen incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual.

Jacinto, é o novo filme dirixido po Javi Camino no que mistura algo de “terror rural” e outro tanto de sentido do humor ambientado na Galicia. A película, estreada en Sitges, conseguiu o emocionante premio a Mellor Interpretación Masculina Protagonista, outorgado de forma póstuma a Pedro Brandariz, falecido en febreiro de 2022, o de Mellor Dirección de Arte, Mellor Maquillaxe e Salón de peiteado e Mellor Vestiario nos Premios Mestre Mateo 2022.

Sinopse
Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandoada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as recén chegadas son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo pelis de terror.

Ciclo Mestre Mateo
A programación do Ciclo Mestre Mateo ofertada está composta polas películas finalistas nos Mestre Mateo, os premios do audiovisual galego, uns galardóns que destacan as obras de maior calidade na produción audiovisual do ano, organizados tamén pola Academia Galega do Audiovisual.

O obxectivos principais da iniciativa son achegar o audiovisual galego aos concellos, vilas e centros galegos do exterior aos que habitualmente non chegan as producións que participan nos Premios Mestre Mateo, facilitar o acceso da cidadanía a unha programación cultural de calidade con produción galega e favorecer o achegamento á nosa cultura e o noso idioma a través do audiovisual.

SOURCE: proxección de "Jacinto" en Verín