Falamos con este escritor ourensán sobre as dúas últimas novelas da súa autoría: “El laberinto del recuerdo” e “Al otro lado de la tempestad”.
Mario González Sánchez é un escritor ourensán que a pandemia fixo que lle derá un pulo ás dúas últimas novelas que ten escrito. Se fai un ano presentaba «El laberinto del recuerdo», agora toca a quenda de «Al otro lado de la tempestad».
Nestes días as librarías teñen dúas obras túas recentes.
Mario González: «Así é. Fai un ano publicabamos «El laberinto del recuerdo» e agora «Al otro lado de la tempestad».
Falanos de «El laberinto del recuerdo».
M.G.: «É unha experiencia miña do que vivín e do que me contaron os meus antepasados sobre a Guerra Civil. Despois de ler historias e haber entrevistado a xente moi maior conto unha historia diferente que co paso dos anos descubrimos que todos perdéramos.
Hai personaxes reais; o protagonista móvese entre a ficción e a realidade, entre personaxes reais e ficticios».
Que descubrirá o lector nesta novela?
M.G.: «Descubrirá que as cousas, a veces non son como nolas contaron. Porque na novela hai historias contadas por protagonistas. Por exemplo, un deles que sufriu a represalia do réximen chegou a dicirme que a cousa non foi tan grave como se contaba; e o protagonista da novela preguntababase como era posible que dixera iso. O que pretendo é que a xente teña unha visión real do que aconteceu; cada pobo, cada cidade teñen as súas historias particulares sobre a Guerra Civil. A cidade da novela é imaxinada aínda que moi localizada no que é a cidade de Ourense.
Gustaríame que a xente coñecera, con esta novela, parte da nosa historia que non é tan lonxana e algo que non debería volver a repetirse».
Que sacou de ti este libro?
M.G.: «As investigacións que fixen, cousas que sentín e que as transmitín ao personaxe. O protagonista xoga un pouco co que recibín e el expón no libro. Digamos que son un personaxe intermedio».
E que supuxo para ti?
M.G.: «A historia da Guerra Civil sempre me impactou. Eu de pequeno recordo cando o meu pai escoitaba Radio Pirenáica e Radio Moscú. Pechaba as portas de casa para escoitar esas emisoras de onda curta. Eu vía como se reunían catro ou cinco persoas e escoitaban as noticias que chegaban. Para min é recordar parte do vivido e demostrar á xente que a veces a historia non é como nola contan».
Foi complicada sacala adiante?
M.G.: «Si. Facer que os personaxes sexan creíbles foi complicado. Antes de publicar a novela fun publicando nun portal literario pequenos relatos deste libro, e coa chegada da pandemia encerreime en casa ata que rematei publicando o libro».
E nestes días sacas novela nova «Al otro lado de la tempestad».
M.G.: «Eu escribo sobre cosas que me fascinan. Vira unha reportaxe sobre a Costa da Morte e sempre quixen visitala. Ademais, lera un artículo dunha escritora inglesa que definía como o «arco máxico» a zona que vai desde Finisterre e Malpica debido aos accidentes dos grandes barcos da armada inglesa que alí tiveron. Al otro lado de la tempestad nace dunha viaxe que fixen percorrendo toda esa zona. De aí construín un concerto que dera no Principal antes da pandemia -polo que este libro ten a súa propia banda sonora-. Como o outro, este libro tamén o rematei na pandemia.
Ademais, o libro vén acompañado cunha colección de fotografías que fixen na Costa da Morte -as fotografías pódense ver na segunda planta do Centro Comercial Ponte Vella-«.
E que conta?
M.G.: «Falo sobre unha terra fantástica, marabillosa, que aínda segue virxen a pesar da especulación e do ser humano. A historia está ambientada despois do Prestige -o barco que verteu toneladas de crú por esa zona en 2002-. É un mozo que chega a Galicia a pasar o verán para solidarizarse despois do desastre; antes de vir o deixa a súa moza, pero ven igualmente e aquí vivirá unha serie de experiencias extraordinarias: coñece a xente, empápase na sociedade de Muxía que é onde vai recalar, percorre toda a Costa da Morte. Galicia é misteriosa e máxica, pero nesa zona é onde se concentra o maior esoterismo da nosa comunidade (cidade sepultadas; Ars Solis onde os romanos celebraban os seus ritos, hai un guerreiro romano que cando chegou a Finisterre e viu a posta do sol pensou que había cometido sacrilexio por haber presenciado aquela escena tan sobrecolledora. Pois todo isto e un final inesperado que espero que lle guste aos lectores».
Como na anterior, que supuxo para ti escribila?
M.G.: «Foi revivir todo o que sentín cando viaxei, percorrendo cada sitio, contemplando cada curruncho. A xente coñece esta zona pola Ruta dos Faros, pero hai que sentarse, empaparse, quedarse horas. En canto á historia; a xente que o lea vai vivir historias, unha viaxe que xamais houbera imaxinado».
Pódese dicir que ten algo de misticismo?
M.G.: «Ten misticismo, aventura, historia de amor, de crecemento e experiencia persoal, de amizade, de respecto ás persoas. O deixo aí: unha viaxe xamais soñada».
Mario xa pensa na seguinte?
M.G.: «O seguinte libro que xa o teño medio rematado. Está ambientado en Santiago de Compostela e fala sobre o legado dos templarios. Todos os misterios que oculta a cidade de Santiago. Compostela está chea de misterios e sinais que deixaron os templarios, que protexían aos peregrinos que chegaban á cidade. Ademais, tiñan moito apego aos artesáns que construían edificios, templos. E nesas edificacións deixaron moitas sinais ocultas. Pois o libro trata sobre iso, a búsqueda dun dos mellores segredos gardados polo home a través das sinais que os templarios deixaron polas rúas de Santiago».
Tanto «El laberinto del recuerdo» como «Al otro lado de la tempestad» pódense adquirir en calquera libraría.
SOURCE: Entrevista Mario González