O Concello aproba as bases do concurso do desfile do Entroido

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou as bases do concurso que distinguirá as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile central do Domingo do Entroido na cidade, que se desenvolverá o día 19 de febreiro. O Concello incrementa este ano todos os premios e as axudas coa finalidade de fomentar a participación nesta emblemática cita do Entroido ourensán. O certame está dotado este ano con 22.000 euros.

“Dispárase o ‘pistoletazo’ de saída do Entroido 2023”, asegurou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen agarda para este ano “unha excelente participación” no desfile da cidade, e anima a veciñanza a sumarse á convocatoria e ir preparando os seus disfraces. O prazo de inscrición abrirase proximamente e rematará o día 15 de febreiro.

A participación está aberta a todas as asociacións de veciñas e veciños, culturais ou xuvenís, grupos, colexios etc. que o desexen. As inscricións das carrozas e comparsas poderase realizar a través do Rexistro Xeral do Concello, usando os modelos de inscrición que se poderán obter na páxina web do Concello e na Concellería de Artes e Festexos. No caso de asociacións ou entidades a inscrición, será a través de sede electrónica do Concello. O prazo de inscrición rematará o mércores 15 de febreiro ás 14 h.

As bases aumentan todos os premios dos concursos:
– Comparsas con máis de 10 compoñen:
1º premio 1.000 euros
2º premio 800 euros
3º premio 600 euros

– Comparsas con menos de 10 compoñentes:
1º premio 500 euros
2º premio 400 euros
3º premio 300 euros

– Premios especiais, para as comparsas:
A máis numerosa, 500 euros
A máis ocorrente ou graciosa, 500 euros
Mellor animación / musical 500 euros

– Carrozas:
Mellor deseño, 500 euros
Mellor animación, 500 euros

Axudas
Tamén haberá axudas para todos os grupos participantes que completen o desfile e non acaden premio, ata un máximo total de 17.500 euros:
– Carrozas
Para cada unha delas 150 euros
– Comparsas
de 5 a 9 compoñentes 75 euros
de 10 a 19 compoñentes 100 euros
de 20 a 29 compoñentes 150 euros
de 30 a 39 compoñentes 200 euros
de 40 a 49 compoñentes 250 euros
de 50 compoñentes en adiante 300 euros