A cidade de Ourense converterase na capital do karate ao acoller o Campionato de España absoluto individual e por equipos. Esta competición, que descorrerá entre o venres, día 20 e o domingo 22 de xaneiro, acada a 54ª edición desta disciplina deportiva, así como a 10ª na modalidade de parakarate, que tamén se disputará dentro do programa de actividades. O Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá este evento deportivo.
En palabras do alcalde, “é importante para a cidade acoller un evento destas características que sitúa a Ourense no mapa e ademais dálle vida á cidade”. A asistencia ao recinto para seguir a proba deportiva será libre e gratuíta, e ademais poderase ver a través da canle de youtube da Real Federación Española de karate.
O venres disputaranse a modalidade de katas; o sábado, a individual; e o domingo, por equipos.