Nesta ocasión a portada trae a Miguel A. Prieto Sotelo «Chitín», autor do libor «Dende a Ponte a Monterrei«. Ademais facémonos eco do Entroido de Xinzo, Verín, Ourense e Celanova. Ourense acolleu o Campionato de España de Kárate. E a Cruz Alta contará con dous ascensores para evitar a forte pendente.
Centro Comercial Ponte Vella lanza unha promoción coas rebaixas e a pista de xeo; ademais convértese nun centro Pet Friendly.
Entrevistamos a Paula Ferrer, cantante que representará a Ourense Norte en «Recanteiros».
En Xinzo apróbase, inicialmente, o orzamento de 2023 con algo máis de 8 millóns de orzamento. O Concello está a substituir árbores en mal estado. O Concello xa dispón dun proxecto para renovar a rúa Dous de Maio e acabar cos problemas de accesibilidade; o orzamento será de 250.000 euros.
Un programa promove hábitos sustentables; comeza en Celanova o plan “Comercio Rural de Ourense”. Alejandro Mínguez presenta o seu último libro en portugués: “No país dos cogumelos” é o título. Máis acceso a internet para a comarca de Celanova; programa ÚNICO – Banda Ancha dará cobertura a 4.000 fogares.
Verín concede dúas subvencións para cultura e deporte; ademans cederase unha parcela en Caldeliñas para o futuro complexo balneario e asistencial. Os días 26 e 27 o Auditorio de Verín acolle as 5as Xornadas de Novela Negra, que estarán coordinadas e dirixidas polo xuíx Vázquez Taín.
Allariz valora 2022 como un gran ano turístico; unhas 34.000 persoas foron atendidas na Oficina de Información Turística. O Concello de Allariz e Correos presentaron o acordo polo cal se facilita á cidadanía o pago de tributos locais a través das oficinas postais e dos carteiros e carteiras. O proxecto de remodelación na estrada OU-01502 para o camiño escolar do CEIP Padre Feijóo de Allariz foi seleccionado na convocatoria de axudas da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Deportes, artigos, clasificados e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha