Oalcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu ao alumnado do CP San José – Josefinas que acadou recoñecementos na 24ª Exporecerca Jove celebrada estes días en Barcelona. A Exporecerca Jove é unha feira de investigación internacional na que mozos/as de E. Secundaria e Bacharelato de todo o mundo presentan os seus proxectos de investigación, difundindo e dándolle a coñecer as súas investigacións ao público visitante.
Os premiados foron:
María Silva, Martín Silva e Sandra García, polo Estudo da toxicidade dos insecticidas e elaboración de repelentes ecolóxicos a partir de plantas espantadoras de insectos
-1º Premio Exporecerca Jove categoría A-
Jacobo González, Sarai González e Alba Pérez, polo seu Estudo da viabilidade do repoboamento forestal de bosques queimados mediante ‘heliseeding’ ou BombacSementes
-3º Premio Exporecerca Jove categoría A.
Ademais do alumnado de Josefinas, o alumnado do Parque Tecnolóxico de Ourense foi recoñecido tamén no certame catalán.