Pablo Pérez, candidato do Partido Popular en Celanova
Como definiría a situación actual do Concello?
Pablo Pérez: «Está nunha situación de paralise e deixadez absoluta».
Cal é o principal problema?
P.P.: «O principal non é queoproxecto sexa malo, é que non hai un proxecto de concello. Fanse pequenas actuacións deslabazadas, inconexas sen un rumbo concreto. Levanse gastados 2 millóns de euros (332 millóns de pesetas) dos aforros dos veciños de Celanova e non se ven reflexados en ningunha mellora económica ou devida do pobo. Con franqueza Celanova é moito máis, merece máis, e para ser o referente que todos queremos precisa moito máis. Máis proxecto, dedicación, colaboración, compromiso».
Cal sería a medida estrela do PP para o próximo mandato 2023-2027?
P.P.: «O noso será un “programa Estrela” cuns ambiciosos plans de vivenda, infraestruturas, ocio, deporte, actividades e mocidade, queremos unha Celanova para vivir. Cun proxecto turístico, cultural e patrimonial que nos situará como referente autonómico e que permitirá dinamizar o noso sector servizos. Un programa xeriatrico – asistencial que ademais de coidar a unha das poboacións máis lonxevas do mundo xerará de postos de traballo conxuntamente coa ampliación do polígono e diversas medidas que imos implantar, seremos un concello para traballar e para investir. Por suposto eu sei do reto de acometelo, pero como candidato, e con total humildade pola miña parte, ofrézolle aos veciños a miña experiencia en xestión pública destes 8 últimos anos como Deputado no Goberno provincial».
Que propostas presentan, sobretodo, en dinamización económica?
P.P.: «Son moitas e a modo de resumo poderíamos citar as seguintes: un plan urbanístico moi ambicioso e sen intereses no que acometeremos a renovación e actualización da nosa vila e dos núcleos rurais; un Plan Xeriatrico – Asistencial con residencia de ultima Xeración e apartamentos tutelados, que sexa un creador de postos de traballo (nova residencia e apartamentos tutelados de maiores) que crearán máis de 50 postos de traballo directos; a ampliación do Polígono Industrial con máis de 60.000 m2 mais de terreo; a creación de espazos de emprendemento (espazo coworking – “nidos”); incentivos a mozos emprendedores (cesión de espazos de emprendemento a custo cero durante os primeiros 6 meses – 1 ano). En definitiva, temos claro a Celanova que queremos e as actuacións precisas para situala onde lle corresponde, un referente en Galicia”.
O PP por un pacto a tres bandas quedouse sen gobernar nos últimos catro anos. Cre que podería ocorrer o mesmo nestas eleccións? Chegarían a algún pacto?
P.P.: «Nós estamos traballando para a maioria absoluta, cun proxecto e cun equipo no que se poidan ver reflexados todos os veciños de Celanova, de calquera cor politica. Eso é o importante e para eso traballamos, e as sensacións de cara o día 28 son moi boas».