Domingo Benito Otero Besteiro, candidato de VOX en Verín
Como definiría a situación actual do Concello?
Domingo Otero: «Verín atópase nunha situación de progresivo deterioro e estancamento das súas estruturas sociais e económicas».
Cal é o principal problema?
D.O.: «A ausencia de iniciativas e medidas que poidan mellorar a precaria situación socioeconómica actual. Aos últimos gobernos só lles preocupaba aumentar a presión fiscal e favorecer a inmigración ilegal».
Cal sería a medida estrela de VOX para o próximo mandato 2023-2027?
D.O.: «As dez medidas que propoñemos forman un todo interrelacionado segundo o cal cada unha das medidas inflúe nas demais e só aplicándoas de forma interdisciplinar poden axudarnos a lograr avances no benestar socioeconómico para fixar e aumentar a poboación activa de Verín».
Que propostas presentan, sobretodo, en dinamización económica?
D.O.: «Catro das 10 medidas son referidas á eliminación do gasto político innecesario, reducións radicales de impostos e taxas, apoio decidido ás empresas, autónomos e empresas locais e por infraestruturas de calidade para a xeración de emprego en Verín. Quero destacar que este último refírese á promoción dos polígonos industriais de Pazos e Tamagos, facéndoos atractivos para a localización de empresas, facilitando a gratuidade de solo industrial, eliminando burocracia innecesaria e axilizar as licenzas de instalación no menor tempo posible, evitando así que se trasladen a outros lugares como está a suceder ultimamente».
Chegado momento, se fixeran falta os pactos, a que pactos cres que poderías chegar con outras forzas?
D.O.: «VOX sae a gañar, porén, faremos acordos puntuais en todo o que beneficia significativamente aos verinenses, como a aplicación das 10 medidas que propoñemos. En todo caso, non teríamos pactos de goberno nin co socialcomunismo (PSOE) nin co independentista illacionista (BNG), ambos estannos levando á ruína social, moral e económica de España e no camiño que imos á ruptura da integridade territorio española».