Amador Díaz, tenente de alcalde de Xinzo e candidato de AXIL
Cómo definirías a situación actual no concello de Xinzo?
Amador Díaz (A.D.): «A situación actual do concello non é a máis boiante pois o plan de axuste que ten ata o ano 2032. Pero penso que hai que ser capaces de ir xestionando ben os recursos para que o concello non se paralice».
Cal é o principal problema que detectas actualmente no concello de Xinzo?
A.D.: «Hai varios proxectos que ten que ser importantes para a próxima lexislatura. Eu creo que deberíamos executar ese edificio multiusos que levara consigo un auditorio, algo moi demandado. Tamén o anexo ao pavillón é moi demandado. E por último, a ampliación do polígono industrial para activar a atracción de diversas empresas e xerar postos de traballo. Xa hai en marcha proxectos moi interesantes como as avenidas de Madrid e Ourense e o mosteiro de Trandeiras e incluso o proxecto de recuperación do río xunto coa Confederación. Temos que seguir traballando nesta línea».
Cal sería a medida estrela do seu partido neste próximo mandato?
A.D.: «A execución dese edificio multiusos con auditorio é algo que levo entre cexa e cexa».
Que propostas presentades no voso programa para a dinamización económica do concello de Xinzo?
A.D.: «Ten que haber un entendemento co comercio e as asociación de comerciantes para seguir incentivando dende o concello que é moi importante para a economía o comercio local. Temos en mente poder axudar a xento co aluguer, sobre todo en vivenda rural, creando bonos para evitar o abandono dos pobos no rural. Tamén continuar traballando nese macroproxecto do regadío que será tamén un motor económico moi importante para esta comarca».
Dependendo dos resultados electorais, estarías aberto a pactos con outras formacións?
A.D.: «Non o temos en mente inicialmente xa que aspiramos a ser a forza máis votada, e esa será a nosa loita, ser os máis votados. Despois dos resultados xa miraremos o que sucede pero si que estaríamos dispostos a falar de pactos».