Sito de Valle, candidato de Contigo en Ourense
Como definiría a situación actual do Concello?
Sito del Valle: «Inaceptable durante, polo menos,os últimos 30 anos. Temos uns recursos espectaculares tanto a nivel de cidade como de provincia e non se está a facer absolutamente nada.
Ademais, imos seguir sendo unha cidade de tránsito; agora parece que as fins de semana hai moita afluencia de visitantes polo tirón do AVE pero cando rematen as vías a Santiago, A Coruña e Vigo que pasará? van quedar? non».
Cal cres que pode ser o principal problema de Ourense?
S.V.: «Agora e sempre a desidia. Para moitas cousas hai cartos a nivel estatal, da Xunta e de Europa. En moitas ocasións pídenche un proxecto e nen se quera se presenta ou se presentan mal pola desidia dos políticos».
Cal sería a medida estrela do seu partido? E as de dinamización económica?
S.V.: «Teños tres piares nos que basamos o noso proxecto de cidade: termalismo, industria e cultura. O principal motor económico será o termalismo cun plan ambicioso que englobaría a outros concellos. Seguindo co termalismo eu pecharías as termas para que sexan fonte de ingresos, aínda que crearía un carné do cidadá para que aos veciños de Ourense lles saia gratis entrar nelas. Acondicionaría un aparcadoiro de autocaravanas pagando a súa cota diaria. Con eses cartos que recadaría o Concello eu rebaixaría as cargas fiscais como pode ser o IBI o imposto de circulación, etc.».
Para rematar toca falar de pactos.
S.V.: «Non me gusta falar tanto de pactos, unha coalición o vería complicado, como si de acordos puntuais. Se o 28 de maio fóramos chave do Goberno teríamos que falar e negociar moito. Pero penso que se pacto estoume vendendo a un dos grandes (PP, PSOE e DO). Os dous primeiros obedecen a siglas e intereses políticos, e a min encántame a liberdade. Pactar pode condicionarche xa que cederán eles nalgunhas cousas e tería que ceder eu en moitas delas. E se non, pois faría unha oposición construtiva, xa que o que pretendo e ser un home bo para a cidade e os cidadáns”.