José Miguel López Rodríguez, candidato de VOX en Barbadás
Como definiría a situación actual no concello de Barbadás?
José Miguel López (J.M.L.): “A definiría dun total abandono. Abandono dos pobos e de todo o que non sexa A Valenzá. Os veciños están completamente desilusionados. Están en contra do goberno que ten actualmente o concello».
Cal é o principal problema que detectas actualmente no concello?
J.M.L.: «A falla de humanidade, de atención ao público. Agora co tema das novas tecnoloxías chamas por teléfono e sáeche unha maquiniña, esto xa é a nivel global e en todas as administracións, pero non nun concello onde o trato ten que ser máis preto coas persoas. Unha parella de anciáns que nunca viron un ordenador por desgraza e porque ninguén se preocupou de ensinalos o que deberían facer é atendelos en persoa e solucionarlle os problemas. Deben dar unha atención pronta e eficiente, entrar cun problema e saír co problema solucionado».
Cal sería a medida estrela do seu partido neste próximo mandato?
J.M.L.: «Sería rebaixar os impostos, sobre todo aos comerciantes, deixalos no mínimo legal permitido. Porque se afogamos ao pequeno comercio e os autónomos non van crear postos de traballo e é máis, algún acabará baixando a persiana. Asfixianos dende o Goberno central, desde as autonomías… Nós, como goberno cercano e próximo no concello debemos tender a man e axudalos».
Que propostas presentades no voso programa para a dinamización económica?
J.M.L.: «Estamos na busca dun terreo que sexa urbanizable para crear un polígono industrial. Necesitamos empresas que é o que máis emprego e economía xera nun concello. Ter boas empresas, boas infraestruturas, que sexan un reclamo para as empresas que se queiran asentar no Concello de Barbadás. Para a ubicación dependemos do PXOM, plan ao que eu non tiven acceso. Ata que chegue ao goberno non poderei mirar estas cousas, porque a información é moi escueta».
Dependendo dos resultados electorais, estaría aberto a pactos con outras formacións?
J.M.L.: «Podería chegar a un acordo cos que son máis afíns as nosas ideas sempre e cando haxa un troco de propostas e se acepten. Todo o que propomos é para cumplilo, non nos valen as medias tintas. Pactaremos con quen se nos ofreza pero dentro das nosas propostas. Non obstante, tamén atenderíamos as deles, é un toma e daca, unha negociación pura e dura. O que si digo e que con socialistas e nacionalistas, coa esquerda en xeral, non pactaría, seguro».