José M. Gómez Sánches, candidato de C´s en Ourense
Como definiría a situación do Concello?
José M. Gómez: «Sobre todo nos últimos catro anos é unha situación anomala dentro do Concello desde que comezou a democracia; pelexas, líos, moi mal xestionado o Concello. E sobre todo, a corporación non pode ter esa falta de educación, de respecto xa que ao fin e ao cabo están postos aí polos veciños».
Cal pode ser o principal problema de Ourense?
J.M.G.: «O principal que temos é o alcalde destes catro anos, aínda que non é o culpable ao 100% xa que o colocou aí o Partido Popular. Os dous teñen a culpa destes catro anos».
Cal sería a medida estrela do seu partido?
J.M.G.: «O plan de cidade pasa por aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que por moito que diga o candidato do PP que fixo moito, tanto que fixo, pois estamos cun plan de 1986 cando el foi alcalde durante 12 anos. E aprobou un que foi un auténtico pelotazo que se lle caeu co Goberno do PSOE. O que esclarece que non saben chegar a acordos entre eles dous, cousa que en Cidadáns sabemos colaborar, ter consenso e chegaremos a acordos sobre todo para aprobar na maior brevidade posible, xa que sera o que nos traia investimento e facer cousas na cidade».
E propostas sobre dinamización económica?
J.M.G.: «Na cidade hai unha parálise total, vai a menos a cidade. O comercio pechan cada vez máis establecementos, polo que , onde todos os propietarios que teñan os seus locais nesa bolsa e reduzan os seus alugueres, poidan beneficiarse en cousas como o IBI, o lixo. Procuraremos incentivar aos emprendedores o xente que se quede sen traballo e queiran montar o seu negocio».
A que pactos chegaríades tralo 28M?
J.M.G.: «Dando por feito que non haberá maiorías absolutas, a partir do 28 de maio o saberemos. O que está claro é que votar a PP é votar a Jácome e votar a Jácome é votar a PP. Debemos mirar o que fará cada partido coa cidade. Pero estamos na tesitura de que temos liñas vermellas de candidatos que teñan problemas coa xustiza e hai dous candidatos que estiveron imputados e un terceiro que pode chegar a ter problemas. Ese é o maior handicap de Cidadáns para pactar con algún deles, e somos conscientes de que un dos tres será o próximo alcalde nos vindeiros catro anos».