Sarín Núñez Pérez, candidato do BNG en Barbadás
Como definiría a situación actual do Concello?
Sarín Núñez: «É unha situación continuísta con respecto al mandato do 15-19. O goberno do PSOE segue amortizando eses proxectos que se levaron a cabo no mandato anterior e agora ten que chegar un cambio de rumbo para encarar un futuro de maior progreso e benestar para a cidadanía».
Cal é o principal problema do Concello?
S.N.: «Unha das cuestións máis importantes son os servizos públicos de calidade que en moitos casos non temos. Necesitamos un Centro de Día para os maiores, unha piscina climatizada, máis prazas na escola infantil -nacen ao anos uns 70 meniños e ofertamos 16 prazas de 0 a 1 ano-. E un instituto de ensinanza secundaria».
Cal sería a medida estrela do BNG?
S.N.: «A nosa vertebra sobre os condicionantes citados anteriormente. Ademais, outra proposta importante para nós sería transformar o Centro de Saúde de Barbadás nun Centro de Atención Continuada que abranga as concello colindantes -San Cibrao e Toén- atendento a un total de 20.000 habitantes e nutríndoo de máis profesionais para que atendan no centro durante os 365 día do ano. Daríase una atención precisa e necesaria».
Algunha medida de dinamización económica?
S.N.: «Temos que crear algún tipo de plataforma dun centro comercial aberto que permita a instalación dese pequeno comercio, querendo que se nutra fundamentalmente da Valenzá. No que ese sector do pequeno comercio puidera instalarse para dinamizalo e polo en valor, sendo tamén é fundamental na economía local».
Se falamos de pactos, por onde pasarían os do BNG?
S.N.: «Os pactos dependerán dos resultados do 28M. Será a cidadanía a que poña a cada un no seu sitio. Nós sempre favorecimos, e o imos seguir facendo, gobernos de progreso para beneficio da maioría social de Barbadás».