Obra colectiva realizado polas mulleres do grupo “Recordar Historia”.
No segundo andar do Casino do Barco de Valdeorras, presentouse o libro «Nosotras», obra colectiva realizado polas mulleres do grupo «Recordar Historia», coordinado por Maria Luisa Valcarce. Trátase dun canto para a visibilidade das esquecidas da historia, dende as irmans Touza ás Sinsombrero, aquelas grandes ás que intentaron tapar, case que borrandoas da Xeración do 27, literatura de ouro que quixeron agochar.
De ouro tamen cada historia persoal de cada unha destas mulleres que viven a sua terceira xuventude, escribindo, pensando, reivindicando e solidarizándose cos que máis precisan, non en van, a totalidade do recadado ca venda do libro destínase a partes iguais a Cruz Vermella e Cáritas.
O escenario máis axeitado, o Casino, referencia cultural da capital valdeorresa, e a resposta do publico inmellorable, preto de 200 almas ateigaron o salón, na maioría mulleres de tres xeracions, que representaban o sentir do libro, que quere transmitir a mensaxe do valor e o respecto ás mulleres de antes, de agora e de sempre, a portada obra de Patricia Fernández Vázquez, simboliza ese camiño, tendendo pontes e superando obstáculos.
O libro foi editado por Andrómena Senlleira, e deseñado, maquetado e impreso, polo equipo de Orixe Publicidade dirixido por Avelino Jácome Dobarro; a obra presentase nunha moi coidada edicion, manexable e doada de ler.
En palabras de Avelino Jácome Iglesias, «un libro imprescindible cargado de historia e sentimento», dixo dirixindose a todas as presentes. Maria Luisa Valcarce, pola súa banda, dixo na súa intervención, que estamos «ante un libro escrito dende o corazón».