Dez anos das Xornadas dos Oficios do Coiro

Entre os días 29 de setembro e 1 de outubro desenvolverase en Allariz.

As Xornadas dos Oficios do Coiro cumpren dez anos de celebración en Allariz, entre os días 29 de setembro e 1 de outubro. Un encontro que reúne a profesionais, afeccionados e estudantes, e que fai posible axuntar as diferentes disciplinas dos oficios relacionados con este material.
As diversas actividades que se realizarán no marco desta décima edición serán talleres, demostracións, exposicións e charlas; e levaranse a cabo en diferentes espazos da vila.
Na sala “A Fábrica”, o 29 e 30 do setembro terán lugar dous cursos profesionais
Isaac Romero (Moaña, pontevedra) ensinará a montaxe dun “cabujón” a base de trenzados e Nelson Gómez Callejas (Pontevedra) impartirá un curso de gravado sobre coiro con ferros de linóleo. Tamén  eses días e o 1 de outubro levaranse a cabo obradoiros abertos para todos os rexistrados nas xornadas como craquelado cromático sobre coiro, preparación de tiras para trenzados, construción de pequena ferramenta ou a técnica de papel de augas aplicada ao coiro. Todos eles impartidos por diferentes profesionais do sector.
Charlas
– Jesús Queijo e José Manuel García, curtidores na fábrica de curtidos Sofán (Carballo, A Coruña) explicarannos os diferentes procesos que ten unha pel ata converterse en coiro.
– Franklin Pereira trae unha presentación sobre a vangarda no traballo do coiro en países como Estonia e Letonia.
– Sonia Seco, restauradora, falará sobre a conservación do coiro como patrimonio cultural.
Na sala “A Paneira” instalarase a exposición “Cuncas, guadameciles e criaturas da natureza” una mistura das obras de Fernando Mtnez. Sousa y Nelson Gómez Callejas.
No “Museo do coiro” alumnos e ex-alumnos da escola de artes e oficios de Vigo (Emao) expoñerán os seus mellores traballos.
Como novidade este ano haberá unha intervención colectiva nos escaparates de Allariz. Trátase dunha exposición onde diferentes artesáns-artistas do coiro poidan mostrar as súas pezas nos locais comerciais de Allariz. Un percorrido co oficio dun bo número de mestres artesáns da actualidade.