Nova edición das Xornadas de Carne de Boi

Allariz acollerá do 29 de setembro ao 12 de outubro unha nova edición das Xornadas de Carne de Boi – Concello de Allariz.

Este ano cumprirase a 12ª edición, na que 20 establecementos locais participan.

A hostalería alaricana ofertará tapas e menús cuxo ingrediente principal é a exquisita carne de boi. Pinchos elaborados de diferentes e saborosos estilos, menús e pratos para todos os petos será o que as persoas se atopen nas XII Xornadas de Carne de Boi – Concello de Allariz.
17 tapas competirán por ser a elixida entre os comensais como a “Mellor Tapa” deste ano, que sairá da votación popular das persoas que as consuman. Atoparemos tanto tapas xa tan tradicionais como os callos de Boi ou albóndegas, como tapas novas que a ben seguro farán as delicias das persoas que se acheguen durante estas dúas semanas que ten de duración o evento. O prezo da tapa será de 3 euros e na modalidade de menús haberá para todos os petos.

De novo o premio local para premiar a gran participación e fidelidade de todas as veciñas e veciños que ano tras ano participan nestas xornadas. “Papando no Boi” volta por terceira edición e será a recompensa que recibirá a primeira persoa, con tarxeta cidadá, que consuma as 17 tapas que participan no concurso de 2023, cun premio directo de 100€ para gastar no comercio local.
Ademais haberá sorteo de vales con premios por consumir as tapas. O primeiro será dun vale de 250 euros para gastar no comercio e na hostalería local para todas aquelas persoas que completen toda a cartilla de tapas. Tamén se sortearán 3 vales de 60 euros para aquelas cartillas que degusten como mínimo 5 tapas.

O sorteo realizarse o sábado 21 de outubro no Mercado da Reserva da Biosfera ás 12:00h, no que se darán a coñecer os gañadores ou gañadoras dos premios así como a tapa máis votada nesta edición. Para máis información pódese consultar a páxina allariz.gal/carnedeboi/allariz.gal/carnedeboi/ na que se atopan as bases do concurso de tapas.
Aproveitando as Xornadas e as sinerxías que xorden no Mercado da Reserva, o sábado 30 de setembro poderemos degustar empanada de carne de Boi a partir das 12:30h no propio mercado.

O sábado 7 de outubro teremos a oportunidade de degustar a tapa gañadora da edición anterior a cargo do restaurante Boigorri de Allariz. As actividades do mercado serán de 12:30h a 13.30 h.
Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz fixo fincapé na importancia que ten o proxecto de Carne de Boi para o Concello de Allariz para a economía local, así como o aproveitamento dos recursos que temos no noso territorio, e como eses recursos axuda a dinamización e a crear sinerxías.