O curso terá unha duración de 30 horas lectivas.
No IES García Barbón vaise a impartir unha nova edición do curso formativo gratuito, sobre Competencias dixitais básicas, destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non estén a cursar ensinanzas regradas neste curso académico 23/24. Este curso da continuidade a primeira edición que tivo moi boa acollida e na que as persoas están adquirindo habilidades co manexo do ordenador e o móbil como é enviar un correo electrónico, pedir unha cita na páxina do Sergas, ler un xornal dixital, etc.
O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 17 e o 30 de outubro, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións do centro.
Todas as persoas interesadas en realizar dita formación deberán pasar polo centro a cubrir o formulario de matrícula.
Para máis información presencialmente no centro en horario de 9:00-14:00, ou ben no teléfono 988685085.
Este curso é financiado pola Unión Europea con Fondos NextGenerationEU, e o Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Ministerior de Educación y Formación Profesional y la Xunta de Galicia.