O Halloween de Ourense promociónase en Montalegre

Na multitudinaria festa da Sexta-13.

A cidade de Ourense promociona o seu Halloween – Noite do Medo na multitudinaria festa do Sexta-13 de Montalegre. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado pola presidenta da Cámara Municipal de Montalegre, Fátima Fernandes, presentaron a programación de actividades organizadas polo Concello para esta celebración, convertida nos últimos anos nunha das máis participativas da cidade e referente do Halloween en Galicia.

Ourense presenta a súa Noite do Medo hoxe en Montalegre porque a localidade portuguesa (a menos de 70 km de distancia), celebra a súa Sexta 13 – Noite das bruxas, unha das máis espectaculares e multitudinarias celebracións do Norte de Portugal, que mobiliza preto de 50.000 persoas. A festa, que se leva a cabo desde o ano 2002, está considerada o mellor espectáculo de rúa do país veciño. O Concello instalou un expositor para promocionar o Halloween de Ourense entre o público asistente, co lema: “Non esperes a morrer para coñeceres o Inferno. O martes, 31 de outubro, Ourense mete medo”

Trescentos actores e actrices coa caracterización de personaxes de medo animarán a zona vella da cidade, desde a tarde até a madrugada. O programa inclúe propostas para a cativada pola tarde, con obradoiros de cabazas e maquillaxe, batucada, desfile e concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.

A festa continuará pola noite con máis batucadas, concertos de Broken Peach e Barón Rojo, no Progreso; actuación da Gramola, na Praza Maior; diferentes espectáculos de rúa (Pablo Méndez – “O mundo de Tim Burton”, Chaioso de Medo, A Lenda) e Desfile da Santa Compaña, cos que o Concello agarda consolidar unha nova edición do Halloween máis terrorífico de Galicia

PROGRAMACIÓN DA NOITE DE MEDO. HALLOWEEN 2023 – Martes, 31 de outubro
– 17.00-19.00 OBRADOIRO DE CABAZAS
Lugar: Praza Saco e Arce e Praza Manuel Sueiro

– 17.00 -18.50 OBRADOIRO DE MAQUILLAXE
Lugar: Praza Saco e Arce e Praza Manuel Sueiro

– 18.00 BATUCADA, O GRAN DRAGÓN, CAMIÑANTES BRANCOS E ZANCOS
Lugar: Parque San Lázaro – Rúa do Paseo – Praza Maior

– 19.00 DESFILE DE CABAZAS
Percorrido: Praza Saco e Arce, rúa Colón e Praza Maior

– 19.00 Animación de rúa: BATUCADA, O GRAN DRAGÓN, CAMIÑANTES BRANCOS E ZANCOS
Percorrido: Praza Saco e Arce, rúa Colón e Praza Maior

– 19.30-20.30 Concerto familiar: UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
Lugar: Praza Maior

– 20.30 Animación de rúa: BATUCADA
Lugar: Praza Maior – Cidade Vella (Zona dos Viños)

– 20.30-21.30 Animación de Pablo Méndez “O MUNDO DE TIM BURTON”
Percorrido: Parque San Lázaro – Rúa do Paseo – Praza Maior

– 20.30 Animación “Chaioso de medo”
Lugar: Praza Maior e Praza de Santa Eufemia

– 20.30 Ambientación musical “A GRAMOLA”
Lugar: Praza Maior

21.15 Espectáculo de rúa A LENDA
Percorrido: Parque San Lázaro – Rúa do Paseo – Praza Maior- Avda. de Pontevedra- O Progreso

22.15-23.30 Concerto de BROKEN PEACH
Lugar: Rúa do Progreso

23.45 – 1.15 Concerto de BARÓN ROJO
Lugar: Rúa do Progreso

00.30-2.15 Desfile itinerante “Santa Compaña”
Percorrido: rúa do Paseo e Cidade Vella

1.30 – 3.30 A GRAMOLA
Lugar: Praza Maior